Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER acusa a Aqualia de estafar aos cidadáns e o alcalde compromete unha auditoría á empresa

RR_Noticias

A situación da empresa Aqualia encargada do servizo de abastecemento e saneamento municipal provocou un duro debate entre o alcalde, Javie Bas e o voceiro da Agrupación de Electores, Roberto Darriba. Mentres dende AER aseguran que cos datos existentes se podería falar dunha estafa por parte da empresa de centos de miles de euros, o alcalde pon en dúbida “a capacidade dos membros de AER para analizar os datos existentes”.

O enfrontamento tiña lugar no último pleno municipal logo de que AER solicitase a comparecencia do alcalde para que dera explicacións e achegara información sobre diferentes cuestións referidas ao servizo de abastecementos e saneamento municipal. O alcalde, malia non achegar datos concretos sobre as cuestións referidas como o número de abonados de Aqualia, canon achegado pola concesionario ao concello ou investimentos realizados pola empresa en base ao contrato, explicaba que si se está a valorar a contratación dunha empresa externa que se encargue de auditar este servizo “trátase dun contrato complexo polo que entendemos necesario que se contrate unha empresa externa para realizar esta auditoría. Con todo, estamos a valorar o seu custe xa que podería supoñer un gasto moi elevado para os beneficios que se poderían obter”. Explicación que non convencía a AER quen insistía que “só analizando a cuestión das inversións comprometidas no contrato, pode que esteamos diante dun sobrecuste importante”. Dubidan na Agrupación de Electores que ditos investimentos se fixeran e temen que, malia a todo, se lles estean a cargar na tarifa dos abonados. Falan tamén doutras irregularidades, como que “Aqualia minte nos seus informes e non pasa nada. Mesmo respecto do que lle factura ao Concello, fácil de contrastar, declara ingresos menores dos que realmente constan como pagados desde o propio Concello”. Ante as afirmación de Darriba sobre “a estafa que estaría a cometer Aqualia” o alcalde respondeu que “hai que ser prudente e non empregar termos como roubado” e asegurou que está na traballar na contratación dunha auditoría “se se detectan irregularidades esixiremos as responsabilidades pertinentes”. Bas foi tamén foi moi crítico con outras afirmación feitas dende AER, e puxo en dúbida “a súa capacidade para analizar datos, porque cada vez que toman unha decisión prexudican aos veciños de Redondela”. AER anuncia que en vindeiras datas ampliaran a documentación cos novos datos e coa análise máis polo miúdo e acusan ao alcalde de recorrer a descalificación e ao insulto na vez de escoitar o que se lle di dende a oposición e facer unha análise en profundidade desta concesión.  

Roberto Darriba AER
Denuncia un buraco de centos de miles de euros
Javier Bas alcalde
En estudio a contratación dunha empresa para facer unha auditoría
O alcalde aconsella prudencia
Asegura que no caso de atopar irregularidades esixiranse responsabilidades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará