Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños do barrio de Parada pendentes dunha resposta que non chega

RR_Noticias

O pasado mes de maio a Asociación de Veciños de Chapela presentaba no concello unha serie de demandas orientadas a facilitar o acceso ao barrio de Parada. Unhas demandas avaladas con 130 sinaturas que foron entregadas no Concello sen que a día de hoxe, segundo denuncia o colectivo veciñal, tiveran resposta o que ao seu entender é “unha falta de respecto e consideración cara os afectados”.

Veciños deste barrio, afectados pola prohibición de xiro dende a Avenida de Redondela para a entrada de acceso ao Barrio de Parada, recollían no pasado mes de maio 130 sinaturas coas que avalaban a súa demanda por recuperar dito acceso que permitiría aos residentes nos Camiños da Pomba, Parada, Leitón, Barracrista, Valeiro e o resto de camiños do barrio, efectuar o xiro a esquerda na Avenida de Redondela indo en dirección a Vigo.
No escrito trasladado ao concello pola Asociación de Veciños recollíase tamén que se prohibira aparcar na confluencia entre a Subida a Parada e o Camiño da Pomba, xa que os coches alí estacionados causan caos na zona, dificultando o xiro e a circulación e afectando á seguridade.
Finalmente solicitaban do concello medidas de mellora “nunha zona que se atopa abandonada, co asfalto deteriorado, sen servizo de limpeza, chea de excrementos de cans e cos marxes cheos de herbas e malezas”.
Demandas que segundo denuncian dende a Asociación de Veciños seguen sen resposta cinco meses despois polo que volven instar ao concello a que se adopten as medidas solicitadas e que beneficiarían a uns 500 veciños da zona.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará