Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ventosela acolle unha xornada de reflexión sobre como actuar durante e despois dun lume

RR_Noticias

O colectivo Artelixo convoca hoxe xoves ás 19:30 horas na Cultural de Ventosela (A Miñoteira) unha “Xornada de reflexión e autodefensa fronte ao lume” coa intervención do enxeñeiro forestal Xosé Covelo, o técnico de medio ambiente Xesús Bravo e os biólogos Belén Fervenza e Jacobo Ojea. O obxectivo é poñer en común o ocorrido nos últimos incendios, debateranse sobre os pasos a seguir no futuro e farase entrega dun manual de autodefensa fronte aos incendios forestais editado pola Xunta de Galicia.

Os lumes vividos o pasado 14 e 15 de outubro en toda Galicia deixaron en Redondela máis de 500 hectáreas de monte arrasado. Unha superficie que puido ser maior sen a colaboración cidadá que se botou ao monte para axudar a apagar os incendios. Con todo, as actuacións particulares non son sempre as máis axeitadas ao carecer de profesionais que as dirixan e de coñecementos previos que nos asesoren de cales serían os pasos a dar. Reflexionar sobre este asunto é o motivo que levou a asociación Artelixo a convocar unha xornada que se celebrará esta tarde na Cultural de Ventosela, parroquia que xunto coa de Reboreda foi a máis afectada polos lumes do pasado mes. Os expertos presentes na mesa de debate xuntamente cos asistentes analizarán como actuar ante un lume pero tamén abordarán cuestións como que facer a partir de agora, para valorar que accións son as axeitadas e cales, malia a boa vontade da veciñanza, poden ser incluso prexudiciais para o monte queimado. Os pais e nais que queiran acudir contarán cun servizo de gardería apra deixar aos seus fillos e poder participar do debate.  

Alberto Covelo Artelixo
Unha charla para reflexionar sobre o acontecido e debatir sobre futuras accións
Irene Campelo Artelixo
O lugar elixido é Ventosela por ser unha das parroquias máis afectadas polo lume

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará