Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tanxarina estrea en Redondela a súa adaptación de “A galiña azul” de Carlos Casares

RR_Noticias

Cándido Pazó adapta e dirixe a última proposta de Tanxarina Títeres, que se poderá ver este sábado no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas. A galiña azul adapta o conto de Carlos Casares, autor homenaxeado no último Día das Letras para actores e bonecos. Miguel Borines, Andrés Giráldez e Eduardo Tatán levan ás táboas unha montaxe que conta con escenografía e monicreques de Pablo Giráldez Pastor e música de Paco Barreiro.

Unha fábula sobre a diversidade e a solidariedade orientada ao público infantil e familiar e que supón a adaptación para o teatro de monicreques do texto clásico que Carlos Casares escribirá no 1968 e que se poderá ver o sábado a partir das 21 horas no auditorio do Multiúsos. A galiña azul que propón Tanxarina combina traballo actoral con monicreques, unha combinación marca da casa da compañía redondelá, unha das máis veteranas de Galicia a piques de cumprir 35 anos. En escena combínanse técnicas de manipulación de bonecos e a presenza sobre as táboas dos actores Miguel Borines Fernández, Andrés Giráldez Rio e Eduardo Tatán. As entradas están xa a venda no Multiúsos a un prezo de 6 euros (5 euros para grupos familiares de tres persoas ou máis).  

Tatán Tanxarina
Unha obra para todos os públicos con traballo actoral e de monicreques
Un clásico de Carlos Casares
Unha obra sobre a diferenza e a solidariedade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará