Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comezan os traballos de recuperación do monte de Ventosela

RR_Noticias

Ventosela xunto a Reboreda foron as dúas zonas máis afectadas polos lumes do 15 de outubro. Os técnicos da Xunta traballan no monte Espiño para avaliar os danos causados e tomar as medidas oportunas para evitar que as cinzas cheguen aos acuíferos e a rede de captación de auga. Dende a Xunta recoñecen que Redondela é un dos puntos de maior risco pola pendente do terreo queimado o que podería afectar aos bancos marisqueiros pero aseguran que as análises non detectaron até o momento ningunha vertedura na ría ni ríos da zona.

Os técnicos do Centro de Investigación de Lourizán están a traballar na recuperación do monte Espiño, na parroquia de Ventosela, zona que quedou arrasada polos incendios, con preto de 200 hectáreas queimadas. Alí avalían o grao de severidade do lume no terreo o que condicionará as medidas a desenvolver para a súa recuperación. Só naqueles lugares onde a afección sexa maior será necesaria unha actuación no resto das zonas será a propia autorexeneración da vexetación a que se encargue de recuperar o espazo. Un xeito novidoso de actuación nas zonas críticas que se está a desenvolver só en Galicia dentro de todo o Estado, segundo explicaba a científica do centro de Lourizán, Cristina Fernández. O obxectivo destes traballos é evitar a erosión do terreo e que as cinzas non se filtren aos acuíferos o que podería afectar aos bancos marisqueiros de Redondela e Soutomaior. A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, recoñecía que Ventosela é un dos puntos críticos dada a pendente do terreo que axudaría a esa filtración. Malia todo, Quintana asegurou que as últimas análises no detectaron ningunha vertedura nos bancos marisqueiros e se manteñen os controis dende o luns, 16 de outubro, cando se activou o Plan de Loita Contra a Contaminación Mariña. Nesta primeira fase estase a analizar o terreo para comprobar o grao de afección, despois delimitarase o espazo e poñeranse en marcha técnicas como o mulching, consistente en cubrir con palla os terreos queimados para impedir unha maior erosión, ou a disposición de mallas nas masas de augas próximas aos incendios. Traballos que, como facía fincapé a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, deben desenvolverse dun xeito coordinado e baixo a dirección dos técnicos xa que doutro xeito poden ser contraproducentes. Dende o goberno galego e os técnicos que traballan sobre o terreo fan un chamamento á prudencia e din que é preciso tempo para analizar que técnicas son as máis adecuadas para que os traballos sexan o máis eficaces e fiables posibles. Reboreda queda sen máis de 400 hectáreas de monte Malia todo a zona máis afectada no concello de Redondela foi a parroquia de Reboreda, onde a totalidade do monte comunal quedou reducido a cinzas, 208 hectáreas, ás que hai que sumarlle outras duascentas de monte pertencente a particulares. Alí os traballos comezarán as próximas semanas coa corta dos árbores queimados, piñeiros e eucaliptos na súa maior parte. Dende a Comunidade de Montes culpan a falta de limpeza dos montes particulares da imposibilidade de frear o lume e anuncian que porán en marcha un sistema de cortalumes natural, coa plantación de frondosas, xa que foron as únicas que se salvaron dos incendios de hai quince días.    

Conselleira Mar Rosa Quintana
Polo momento non hai verteduras ao mar ou acuíferos pero continúan os controis
Conselleira Medio Rural Ángeles Vázquezz
Explica o procedemento que se está a desenvolver nas zonas queimadas e as actuación a acometer
Técnica de Lourizán Cristina Fernández
A investigadora explica os traballos que se están a facer en Ventosela
Comunidade Montes Reboreda
A parroquia redondelá máis afectada polos lumes comezará os traballos de recuperación a próxima semana

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará