Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente reúnese coas Comunidades para planificar unha actuación conxunta no monte

RR_Noticias

Alertan do efectos contraproducentes que provocan accións non planificadas e sen o oportuno asesoramento dos profesionais do sector. Por este motivo fan un chamamento á prudencia para evitar males maiores como a aceleración da erosión do terreo, a propagación de invasoras ou mesmo o perigo de sufrir algún accidente dada a inestabilidade da zona logo do lume. Co obxecto de poñer en marcha un plan de acción conxunto manterán unha reunión este martes coas Comunidades de Montes e esta mesma tarde coa Consellería de Medio Rural.

Dende o Concello de Redondela, logo da cantidade de consultas feitas sobre a eficacia das propostas que xorden ultimamente nas redes sociais para paliar os danos producidos polos incendios fan así un chamamento á cautela para evitar que se leven a cabo acción no monte que non estean axeitadamente coordinadas.
Explican que a implicación cidadá está sendo extraordinaria ante este atentado contra os montes pero que “as boas intencións poden levar consigo efectos contraproducentes ante un solo altamente vulnerable”. Por iso dende o concello pídese que, antes de actuar sen coñecer as posibles consecuencias, as persoas que se dispoñan a colaborar pidan asesoramento ben nas comunidades de montes, no distrito forestal ou no propio concello.
Insisten en que neste período inicial de recuperación é fundamental pisar o menos posible o terreo queimado xa que así evitaremos acelerar aínda máis a erosión do solo. Tampouco é moi recomendable espallar sementes sen garantías dado o perigo de favorecer a propagación de especies como, mimosas, acacias negras, plumeiros da Pampa, grama americana…, especies invasoras que nalgún momento do pasado introducíronse sen saber as graves consecuencias medioambientais que provocaban.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará