Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cultura manexa un proxecto de recuperación do Cemiterio dos Eidos que ascende a 285.000€

RR_Noticias

O proxecto de recuperación, conservación e mantemento do cemiterio, cuxa redacción foi financiada a través dunha subvención da Deputación de 6.900 euros, contempla unha rehabilitación completa deste emblemático lugar que data do ano 1.833. A súa realización suporía un investimento total de 285.000€ que a Concellería de Cultura proporá que sexa financiado cos fondos europeos do plan “Redondela 2020”.

Este cemiterio, de grande valor artístico, conta con importantes tallas nas sepulturas e monumentais panteóns. Representa tamén un importante valor histórico ao atoparse soterrados persoeiros sobranceiros de diferentes épocas.
Os traballos que recollen o proxecto adecuarán a contorna e dotarán a entrada deste camposanto, pechado dende 1988, de accesibilidade. Recuperaranse os muros de peche xa que nalgunhas zonas se atopan deteriorados; no interior repararase tanto o pavimento como as zonas axardinadas; impulsaranse traballos de reforma da cuberta da capela e a eliminación no interior do morteiro para deixar a vista a cadeirado de pedra e, tamén, se restaurarán aqueles elementos que teñan valor patrimonial e artístico.
En maio deste mesmo ano o pleno do concello aprobaba por unanimidade unha moción presentadas polos socialistas na que alertaban do estado de deterioro do cemiterio e se recollían unha serie de medidas de cara a recuperar dito espazo.
Roterio na Noite de Defuntos
Por outra banda, co obxecto de dar a coñecer este patrimonio, o Goberno local organiza na vindeira semana na noite de defuntos un roteiro no que se explicarán todos os elementos a destacar e se falará dos personaxes históricos que se atopan alí soterrados. Un roteiro cun máximo de 25 persoas no que cómpre inscrición previa na oficina de turismo ou no teléfono 986401713.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará