Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Artelixo súmase á protesta do domingo contra a Lei de Fomento Empresarial

RR_Noticias

O colectivo redondelá porá á disposición de quen o desexe transporte para participar na manifestación que se vai celebrar o domingo, ás 12.00 horas, en Santiago de Compostela. O custe do billete será de seis euros. Os autobuses sairán de Redondela e Chapela, dependendo do número de solicitantes.

Colectivos e sindicatos, englobados na Plataforma contra a Lei de Depredación de Galicia, convocan á cidadanía a unha manifestación na Alameda de Compostela este domingo contra a lei que foi aprobada o mércores pola Xunta de Galicia e que, denuncian, supón eliminar os informes de impacto ambiental para a instalación de grandes multinacionais na comunidade. Os convocantes consideran a normativa “extremadamente agresiva e unha porta para a instalación de empresas como celulosas ou piscifactorías en lugares protexidos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará