Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O lume segue activo en Pazos de Borbén, na zona de Moscoso e Xunqueiras

RR_Noticias

O alcalde, Andrés Iglesias lamenta os danos materiais que na xornada de onte deixaban alpendres queimados, unha nave de madeira calcinada e un almacén de cervexas que tamén sufriu os efectos do lume, ademais dos centos de hectáreas de monte perdido. Unha virulencia que “me fixo lembras aos dramáticos lumes que afectaron a toda a comarca no ano 2006”. Afortunadamente no hai que lamentar vítimas nin danos persoais e agora os esforzos céntranse en controlar o foco aínda activo na zona de Moscoso e Xunqueiras.

Unha zona de monte aberto na que están a traballar os efectivos co obxecto de que non se achegue ás vivendas. Iglesias  lembra os devastadores danos producidos polo lume ao longo da xornada de onte nas parroquias de Nespereira, Amoedo e Cepeda, con desaloxos incluídos e invernadoiros, alpendres e algunha nave que se viu afectada polo lume. A velocidade do vento, sobre todo a partir da media tarde, facía moi difícil controlar as lapas. Unha situación que mellorou notablemente nas últimas horas coa chegada das chuvias e, sobre todo a caída dos termómetros, o que fai confiar en que a situación poida ser controlada.  

Andrés Iglesias alcalde Pazos de Borbén
Un concello especialmente afectado no que afortunadamente non hai que lamentar danos persoais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará