Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A falta de orzamentos pon en risco a Conmemoración da Batalla de Rande

RR_Noticias

Así o denuncia o PSOE quen asegura que o goberno local carece do orzamento necesario para asumir os custes da conmemoración da Batalla de Rande, prevista para o vindeiro 21 de outubro e que se leva realizando durante os últimos tres anos. Aseguran os socialistas que a día de hoxe, as partidas coa que se asumía dito evento están esgotadas.

Dende o PSOE apuntan como un dos posibles motivos da falta de orzamento “pola contratación externa dunha persoa afín ao PP para o Museo de Meirande. Persoal de dubidosa necesidade ao estar mediante axudas da deputación contratadas varias persoas para o mesmo edificio, sumando que o Goberno local non usou toda a partida do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra no referente á contratación de persoal para o concello de Redondela”.
En decembro do ano pasado, o Goberno Municipal aprobou os orzamentos de 2016 na xunta de goberno local, a pesar de existir o aviso de que as partidas como a de limpeza estaban mal debido a que entraría un novo contrato que tería que incluír os novos espazos construídos como as pistas de pádel ou pavillón e consecuentemente, subiría o prezo en relación a outros anos. Esta falta de previsión de gasto máis á falta de traballo ao non elaborar uns orzamentos por parte do Goberno Municipal de Redondela, fai que o noso concello poda verse nunha situación comprometida.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará