Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación Lenda sae a rúa para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental

RR_Noticias

Dende hai 25 anos, o10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental para dar a coñecer esta realidade e trasladar aos axentes competentes as reivindicacións e necesidades do colectivo. Lenda súmase a esta conmemoración con diferentes accións entre as que destacan a súa presenza na rúa durante todo a maña. Colocarán un atril en diferentes puntos do concello e convidarán aos veciños a participar para que propoñan como fomentar a saúde mental no entorno laboral.

A Asociación Lenda únese á acción de sensibilización “O que teño na mente” organizada por FEAFES Galicia, coa que se convida á cidadanía a reflexionar sobre como se pode fomentar a saúde mental no lugar de traballo.
A este propósito, entre o 2 e o 18 de outubro, numerosas asociacións de familiares e persoas con problemas de saúde mental de Galicia sairán á rúa para chamar a atención sobre esta realidade e trasladar aos poderes políticos, axentes sociais, medios de comunicación, empresas, profesionais de diversos ámbitos e á cidadanía en xeral, as reivindicacións e necesidades do colectivo.
No caso da Asociación Lenda, estas accións desenvolveranse na vila de Redondela.
Durante a mañá de hoxe farase unha campaña a pé de rúa, onde se lles preguntará aos veciños e veciñas da vila como se pode fomentar a saúde mental no entorno laboral. En diferentes prazas da vila colocarase un atril cun cartel co lema da campaña onde as persoas que queiran participan coloquen as súas ideas en dito cartel. Tamén se poderán facer fotos co seu lema que logo a Asociación publicará en redes sociais.
Este mesmo día 10 dará comezo o programa de Escola de Familias coa charla do Servizo de Orientación Laboral de FEAFES Vigo sobre “Saúde Mental e Inserción Laboral, ollada dende as iniciativas de FEAFES Galicia” na sede da Asociación.
O día 11 as actividades trasladaranse ao centro penitenciario de A Lama, onde  se realizará un obradoiro “Acceso ao Mundo Laboral dende unha Perspectiva de Saúde Mental” organizado pola Asociación Lenda e o Servizo de Orientación Laboral de FEAFES Vigo.
A Asociación tamén terá previsto para eses días unha campaña de captación de soci@s.
Estas actividades presenciais completaranse cunha serie de accións na rede, como un mural dixital no que calquera persoa usuaria de Internet poderá facer as súas achegas sobre a saúde mental no lugar de traballo. Pola súa parte, a difusión en redes sociais farase a través do hagstag #oqueteñonamente, animando aos internautas a escribir as súas reflexións nun postit e facerse unha fotografía con el pegado na fronte.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará