O lume producíase ao redor das 20:00 horas de onte nunha leira ao carón da estrada nacional, pouco antes de chegar o Alto dos Valos. Todo apunta que a orixe do lume sería unha queima de restrollos que se descontrolou. As lapas afectaron ao tendido de telefonía e da electricidade o que provocou que un grupo de vivendas quedara sen subministro.
Malia que o lume foi controlado rapidamente a súa proximidade coa estrada obrigou a cortar un dos carrís da N-552 apra garantir a seguridade dos vehículos que circulaban a esa hora por esta estrada. Nas labores de extinción participaron patrullas da policía local e do 085.