Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pleno no fútbol local esta xornada

RR_Noticias

O Choco, o seu filial e o Chapela suman tres puntos esta fin de semana. Os de Jacobo Montes saen dos postos de descenso despois da vitoria fronte ao Ourense por dous a un. O filial continúa líder de grupo tras a vitoria contra o Nigrán por cero a dous e o Chapela é segundo logo de marcarlle seis goles ao Vilariño.

Choco-Ourense (2-1)
Balón de osíxeno paro o Choco logo da vitoria en Santa Mariña que lle permite saír dos postos de descenso. Os redondeláns conseguiron reporse ao gol marcado polo xogador do Ourense Edu Otero na primeira parte. Ao regreso do descanso os redondeláns déronlle a volta ao marcador. Marcos Pérez e Comis foron os encargados dos dous goles que lle deron a vitoria aos locais. Os redondeláns esperan comezar así un cambio de racha logo dos malos resultados do comezo de liga. Terán a oportunidade de facelo a próxima xornada porque enfróntanse ao Negreira, penúltimo de grupo.
Nigrán-Choco B (0-2)
Imparable continúa o filial do Choco, que continúa líder logo de imporse esta fin de semana ao Nigrán. Os redondeláns chegaron ao campo do Nigrán co obxectivo de manterse á cabeza do grupo 11 da segunda autonómica e así o fixeron. Malia que o primeiro tempo foi moi igualado. David abría o marcador para os choqueiros á comezos da segunda parte, resultado que consolidaría Juan. O Choco suma trece puntos e a próxima semana recibe ao Teis que é décimo e esta semana perdía fronte ao Castrelos.
R. Vilariño-Chapela (1-6)
Moi superior foi o Chapela ao seu rival esta fin de semana. Visitaron o campo do penúltimo da categoría e dominaron o partido dende o primeiro minuto. Vitoria que os deixa segundos do grupo 15 da Terceira Autonómica. O próximo partido reciben ao Balaídos que e noveno de grupo.
Estrella Dorara-Soutomaior (0-3)
Suman tres puntos que os deixan terceiro de grupo.
Pereiró- Nespereira (4-0)
Cumpríronse os prognósticos no partido do Pereiró e Nespereira, os de Pazos de Borbén non foron quen de imporse ao terceiro da categoría. Logo desta derrota os xogadores de Nespereira pechan a clasificación, no último posto e no que vai de liga só conseguiron sumar un punto. A próxima xornada reciben ao Alcabre que é oitavo.
Pontecaldelas- Arcade (3-2)
Malia a derrota desta semana fronte ao Pontecaldelas os xogadores de Arcade sitúanse na terceira posición con dez puntos e coa ollada posa no seguinte partido. Reciben ao Figueirido décimo cuarto do grupo dez da Segunda Autonómica e que chegará a ese encontro logo de imporse ao Marín.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará