Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán en feminino triúnfa en Redondela

RR_Noticias

A honra prata feminina está a deixar moitas alegrías ao balonmán local, cunha SAR situada na terceira praza da calsificaicón logo dunha nova vitoria ante o Gijón e un Chapela que tamén se facía co partido ante o Zonzomas por 26-23. Na primeira nacional masculina o Chapela tamén lograba a vitoria ante o Lavadores. Non así a SAR que caía ante o Lalín.

Cuarta vitoria para o Rodavigo Sar que o sitúa na terceira praza da clasificación logo de vencer 36-34 ao Gijón. Nun primeiro momento foron as asturianas as que mellor xogaron, chegando ao descanso cun 15-17 no marcador, A SAR logrou darlle a volta a ese resultado ata chegar á vitoria final.
Vitoria tamén para o Chapela que se sitúa na oitava praza logo de vencer ao Zonzamas por 26-23. Precisamente o Zonzamas situado nos postos baixos da táboa será o rival da SAR na vindeira semana. Pola súa banda o Chapela ten unha cita difícil, xoga na casa do segundo clasificado, o Oviedo.
1º nacional masculina
Como era de esperar o partido resultou moi igualado e o Rodosa Chapela acabou levándose a vitoria con moito traballo. Ao descanso o Lavadores tiña unha vantaxe de dous goles, pero nos cinco primeiros minutos da segunda parte o Rodosa volteou o partido ata o marcador final de 28-30. O Chapela é terceiro  e na vindeira semana recibe ao Oar Coruña.
Peor lle van as cousas a SAR, na décimo segunda praza da táboa logo de caer ante o Lalín por 25-35. Na próxima semana xogan no campo do cuarto, o Bueu.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará