Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela baila por unha causa solidaria

RR_Noticias

O pavillón da Marisma acolle este domingo a terceira edición do festival “Bailemos todos polos peques” a favor de UNICEF. Oito escolas de danza e agrupacións daranse cita neste evento solidario que se presenta baixo o lema “uns poucos facemos un moito” e que destinará todos os fondos recadados á mellorar as condicións de vida dos nenos en Níxer. Haberá un flashmob ao finalizar a exhibición coa presenza da Coca Simona. 

A Asociación Piyopi Animación organiza xunto ao Concello de Redondela a terceira edición da exhibición solidaria “Bailemos todos polos peques” en apoio a UNICEF que ten como obxectivo sensibilizar sobre os dereitos da infancia que recolle a Convención sobre os Dereitos do Neno, especialmente no dereito á saúde, a supervivencia e a importancia do acceso á auga. O evento ten unha entrada solidaria de cinco euros individual e dez euros familiar para catro persoas que será destinada á mellorar as condicións de acceso á auga, hixiene e saneamento en Níxer coa construción de puntos de auga e latrinas separadas por sexo así como apoiar o funcionamento e mantemento das instalacións. A exhibición comezará ás 18.30 horas e contará con oito agrupacións galegas pertencentes ás academias Unidance, Artmadance-Salsarica, Odisea Factory Dance, Ballet Deborah Alfaya, Airiños de San Simón, Pandereteiras Choqueiras, Talento, Escola de Baile Miriam Pino e Karina Mores-Tango. O espectáculo rematará cun flashmob coa Coca Simona na que poden participar todos os que o desexen e cuxa coreografía xa se pode consultar na internet. Un espectáculo para todos os públicos, que xa pasou por Vigo e Pontevedra, e que ofrecerá exhibicións de baile moi variadas que irán dende o hip-hop, salsa, moderno, até estilos máis clásicos.  

Concelleira Angela Atón
A edil anima a todos os veciños a participar nesta causa solidaria que Redondela organiza por primeira vez
Representante UNICEF Patricia Olaberry
Os fondos destinaranse a mellorar as condicións de vida dos nenos nixerianos
Edelmiro Justo de Odisea Factory Dance
Participarán oito agrupacións locais e da provincia de Pontevedra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará