Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente promove a reciclaxe activa

RR_Noticias

Iniciativas como o recente reparto de composteiros que fixo chegar estes recipientes a un total de cen domicilios que amosaron o seu compromiso coa reciclaxe do lixo domésticos, a compostaxe comunitaria na zona do Salgueiral ou a colocación de minipuntos limpos en Redondela e Chapela para reciclar teléfonos, pilas, baterías, cartuchos de impresora e lámpadas de baixo consumo buscan reducir os residuos e abaratar este servizo así como conseguir cumprir os obxectivos marcados polas Unión Europea.

No curso pasado realizáronse charlas nos centros educativos baseadas na compostaxe, reciclaxe e na concienciación ambiental. Outras das actividades encamiñadas á concienciación sobre o reciclaxe realizouse o pasado Nadal coa campaña de reciclaxe de vidrio. A estas medidas hai que sumar a experiencia iniciada no concello de reciclaxe comunitaria que inclúe a instalación dun composteiro comunitario na zona do Salgueiral que está obtendo segundo explica o edil de Medio Ambiente, Miguel Angel Alvarez, está a ter moi bos resultados grazas á implicación veciñal.
Tamén se seguiu fomentando o compostaxe individual entregando o pasado mes 100 composteiros e levouse a cabo a campaña “Separemos ben, reciclemos mellor” coa instalación de unidades móbiles de Sogama nas que se informaba á cidadanía de todo o que ten que ver coa reciclaxe.
Con Tropa Verde está en funcionamento a campaña “Reciclar ten premio” que consiste na obtención de estrelas por acción de reciclado que son canxeables nos locais de Redondela por obsequios.
No Concello de Redondela por primeira vez se están a usar composteiras nas tempadas de caída da folla na Alameda para xerar compostaxe e non xerar mais residuos porque “nos temos que ser os primeiros en dar exemplo” conclúe o edil.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará