Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

15 desempregados fórmanse no obradoiro “Redemprega”

RR_Noticias

Os alumnos formaranse nas especialidades de pintura decorativa e deseño gráfico durante 6 meses dentro do “Redemprega”, un dos seis obradoiros específicos para menores de 30 anos concedidos a través do Sistema de Garantía Xuvenil. A Administración autonómica destina a este obradoiro 140.188 euros

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe ata o Multiusos de Chapela para dar inicio oficial o obradoiro xuvenil que desde o pasado venres se desenvolve en Redondela. Acompañado polo alcalde Javier Bas, o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, e a directora do taller, comprobou de primeira a aceptación desta iniciativa entre os máis novos, tal e como lle confesaron os alumnos deste curso formativo.
Os obradoiros de emprego, a través dos que os participantes reciben un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado, presentan nesta convocatoria varias novidades, entre as que destacan a ampliación da duración dos programas xerais de 6 a 9 meses. Dáse, ademais, prioridade ás localidades menos poboadas de Galicia para responder así a unha das medidas principais do Plan de formación e emprendemento no rural da Xunta.
Prímanse tamén os proxectos vinculados coa Industria 4.0 e cos sectores estratéxicos e de alto potencial da Axenda Galicia-Industria 4.0, así como aqueles que presentan unha relación co tecido empresarial do territorio. Ademais valóranse as posibilidades de inserción de cada obradoiro e a súa orixinalidade, dándose maior puntuación a aqueles con contidos innovadores, aínda que tamén se tiveron en conta os programas máis tradicionais -aqueles relacionados coa rehabilitación, mellora de espazos públicos ou atención a persoas dependentes.
Os obradoiros céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará