Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unanimidade en Soutomaior a favor da construción da senda verde a Pontevedra

RR_Noticias

O pleno do Concello de Soutomaior aprobou solicitar ao Ministerio de Fomento a construción da chamada “Senda Verde” ata Pontevedra. Un carreiro exclusivo para ciclistas e peóns que uniría as dúas poboacións a través do vello viario ferroviario, que actualmente se atopa en desuso.

A moción foi aprobada pola totalidade dos representantes municipais coa inclusión da modificación presentada polo Partido Popular e que propón ampliar esta senda verde ata Vigo.
Do mesmo xeito, o órgano de goberno de Soutomaior aprobou por maioría o novo regulamento do servizo de abastecemento de auga potable do municipio, unha regulamentación “que velará por garantir un servizo adecuado e de calidade para todos os veciños”, afirmou o alcadle Agustín Reguera, e a modificación da ordenanza que regula as verteduras de augas residuais á rede de saneamento municipal.
Ademais, tamén se aprobou por unanimidade a proposta do BNG para solicitar ás administracións responsables da Ponte de Comboa distintos labores para o mantemento e recuperación da ponte medieval.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará