Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco suma un punto en Santa Mariña

RR_Noticias

Os redondeláns conseguiron un tanto na casa logo de empatar co Alondras a un, o que lles dá un respiro neste inicio de liga. Un punto que deixa ao Choco quinto pola cola. A próxima semana visitan o campo do Noia, último da categoría. O filial do Choco vencía en Tomiño por un a tres e tamén vitoria para o Chapela fóra da casa.

Os xogadores do Alondras chegaban como favorito despois de non perder ningún partido e loitando polos primeiros postos da categoría pero os redondeláns conseguiron manterse firmes e abrían o marcador cun gol de Comesaña no minuto 37. O empate chegaría na segunda parte logo dunha xogada polémica entre Jesús Varela e Pablo Couñago na que os locais reclamaban penalti. Goián-ChocoB 1-3
O ChocoB sitúase líder logo da vitoria en Tomiño. Moi superiores amosáronse os locais nun encontro que dominaron sen moita dificultade e que os deixa á cabeza da categoría empatado a nove puntos co Tomiño e o Tyde. A próxima xornada reciben ao S.Esteban, décimo e que chegará a Redondela en busca da vitoria logo de perder fronte ao Castrelos pola mínima
A. Alcabre-Chapela 2-3
Os xogadores de Chapela lévanse unha vitoria do campo do Alcabre que os deixa terceiros, cos mesmos puntos que o Gondomar e o Lavadores. A vindeira semana reciben ao Sampayo, décimo do grupo.
Lavadores-Nespereira 6-0
Tres tantos de Ruiz, un de Turi, outro de Iago e un último de Cristian déronlle a vitoria ao Lavadores. Os xogadores do Nespereira xa pensan no próximo partido. Reciben ao At. de Villar, cuarto do grupo, que está facendo un moi bo comezo de tempada e esta semana impúñase ao Coya por catro a cero.
Cesantes-Soutomaior 1-0
Os de Cesantes lévanse unha vitoria importante na casa grazas o tento de Raúl.
Bamio-Arcade 2-3
Arcade sitúase líder logo da vitoria na casa do Bamio. O dous tres desta xornada sérvelles aos de Soutomaior para encabezar grupo, cos mesmos puntos de o Caldas e o S. Adrián. A próxima xornada, non teñen un partido difícil, a priori, reciben ao Salcedo que é décimo terceiro.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará