Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roberto Mata e Aroa Sío impóñense no I Trail do Berete

RR_Noticias

A proba disputada onte congregou a máis de 300 corredores e camiñantes de toda a bisbarra, que gozaron dunha fantástica xornada de atletismo nunha paraxe incomparable. Jose Luis Dorado e Alba Ballesteros foron os gañadores do premio ao corredor e corradora local máis rápido.

O redondelán foi ademais segundo na clasificación xeral, a 14 segundos do gañador, Mata Martínez, que fixo os 25 quilómetros de percorrido en 2 horas, 13 minutos e 30 segundos. O podio completouno Guillermo Pedrero co bronce. Na categoría feminina a redondelá Ballesteros Fernández foi terceira. A segunda posición foi para María Ferreira, a 14 minutos da vencedora, Sío Seijo. Na clasificación por equipos, os locais da asociación deportiva C.A.R. fixéronse co segundo posto, por detrás de Cobras, mentres que Trinorth acadaba a terceira posición. No que coincidiron todos os partipantes foi na espectacularidade da proba, que atravesaba algúns dos mellores paraxes da ría de Vigo pasando por Chapela, San Vicente de Trasmañó, Cedeira e San Esteban de Negros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará