Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER denuncia “graves fallos” de seguridade no acceso ao recinto do Entroido de Verán

RR_Noticias

Malia contar, segundo a información do Concello de Redondela, cun Plan de Emerxencias elaborado por un técnico competente, a Agrupación de Electores de Redondela (AER) advirte que comprobou “in situ” a “desorganización e a situación de inseguridade” vivida no recinto principal dos concertos ao longo da noite do Entroido de verán.

Explica AER que o goberno local planificou o balado de todo o recinto e a prohibición de entrada de bebida e cristal, como en anos anteriores, pero a entrada ao recinto cambiouse. Se ben en anteriores edicións o acceso realizábase pola fondo do recinto, avanzando a xente cara o escenario, este ano a organización estableceu a entrada xusto no centro do recinto, pola rúa paralela ao parque da Alameda que ven dende a Rúa Xeneral Rubín. Unha decisión cuestionada polo grupo da oposición, xa que cando o recinto se encheu sobrepasando a zona onde se atopaba a entrada, esta zona converteuse “nun auténtico tapón” que facía “moi difícil” a entrada e a saída do recinto. Unha situación incómoda xa que acceder ao recinto supuxo ter que estar “empuxando ou esquivando” aos asistentes, volvéndose esta operación perigosa “cando as familias tentaban entrar con menores”. AER denuncia que constatou que moita xente decidiu non entrar “polo perigo que supoñía e por ter que enfrontarse a un auténtico tapón humano”. Tamén denuncian a actitude da empresa de seguridade “que non xestionou tal desorganización”. Tamén denuncian que na entrada non se atopaban naquel momento “nin membros da policía local nin de protección civil”. Explican que todos os efectivos se atopaban na rotonda ao final da rúa Xeneral Rubín, a uns 30 metros de distancia “pero ningún na propia entrada ao recinto”. A mesma situación de colpaso se daba á saída do recinto, agravada neste caso pola presenza de dous contedores de lixo taponando o paso. Unha situación que AER cualifica como “unha clara falta de control, previsión e incumprimento flagrante” de calquera Plan de Emerxencias de grandes eventos. AER deu conta ao goberno local de xeito inmediato para que tomasen as oportunas medidas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará