Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festa rachada na XVI Noite da Lúa Meiga

RR_Noticias

Un ano máis o Colectivo Lúa Meiga, xunto á Sociedade Cultural do Viso, organiza este festival no marco incomparable do Miradoiro do Monte Outeiro Grande. Será o sábado 26 de agosto coas actuacións de Peter Punk, Ce Orquestra Pantasma, a obra teatral “O Furancho” e os concertos de Sons da Mina, Volta e Dálle, Os Melidaos e Zurrumalla.

Unha gran festa para o público de todas as idades que arrancará ás 10:00 horas coa concentración de “chimpíns” decorados no Torreiro da Gándara, xunto ao campo de fútbol. A caravana seguirá o roteiro de “Meighachimpíns” ata o Miradoiro do monte Outeiro Grande, acompañados sempre da mellor música tradicional. A continuación haberá xantar popular con postos de polbeira, churrasco e petiscos varios, como explica Josinho da Teixeira, un dos organizadore. Xa pola tarde todo o público poderá participar de diversos xogos tradicionais e da programación enfocada aos máis cativos, coa actuación do pallaso e humorista Peter Punk e do home orquestra Ce Orquestra Pantasma. Sen tempo para o descanso, ás 20.00 as actrices Isabel Risco e Marián Bañobre representán a súa obra “O Furancho”. Tamé elas serán as encargadas de presentar aos grupos que actuarán a continuación: Sons da Mina, de Vila de Cruces, Volta e Dálle, de Mondariz, Os Melidaos e o grupo vigués Zurrumalla. Un ano máis, unha ampla e variada programación cen por cen galega e en galego. Desde o colectivo Lúa Meiga amosan tamén o seu agradecemento aos negocios da comarca que patrocinan o festival, así como a todos os colaboradores e veciños que coas súas achegas fan posible levar a cabo un ano máis este festival. Tamén á Comunidade de Montes do Viso, ao Concello de Redondela e á Deputación de Pontevedra.

Josinho da Teixeira organizador
A festa comezará pola mañá e prolongarase ata a madrugada do domingo.
Para todos os públicos
A organzación pensa cada vez máis nun público familiar.
Un gran cartel
Teatro humor e moita música galega.
Colaboración veciñal
Agradecen o apoio do comercio local e os veciños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará