Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

San Simón, o tesouro da ría

RR_Noticias

A illa de San Simón, sede de templarios e franciscanos na Idade Media, fermosa inspiración de trobadores, tamén foi escenario de grandes horrores. Saqueada por piratas, escenario da Batalla de Rande e campo de concentración do bando franquista na Guerra Civil. Tamén lazareto e horfanato. Un pasado que poden coñecer da man de guías profesionais nas rutas guiadas por San Simón.

Empreas como a navieira Cruceros Ángel ofrece un percorrido pola Ría de Vigo con visitas guiadas a San Simón, para coñecer este espazo declarado Patrimonio histórico e Ben de Interés Cultural. O percorrido inclúe unha visita ao Paseo dos Buxos, o máis antigo de Europa xa que data de hai máis de 200 anos. A historia da illa está recollida no seu Museo de Interpretación, con imaxes de diferentes épocas. As saídas para a illa realízanse desde o peirao de Cesantes, o Museo Meirande e o porto de San Adrián de Cobres. O prezo é de 9 euros para os adultos e 5 para os nenos. As reservas poden facerse na Oficina de Turismo de Redondela, ou no teléfono 986.40.17.1.

Sonia Domínguez guía
Moitos veciños descoñecen a historia de San Simón.
Luis Barcelona
Aos visitantes sorpréndelles a historia e as contrucións
Carol e Carles Valencia
Visitaron cos seus familiares galegos a illa por primeira vez.
Unha illa literaria
Persoas como Pepita coñeceron a illa pola novela de Manuel Rivas "O lápis do carpinteiro".
Conservación precaria
Visitantes como Elena lamentan que a illa presente un notable estado de abandono.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará