Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amoedo revela que Xaime Rei asinou un convenio en 2003 para legalizar o edificio de Chapela

RR_Noticias

A alcaldesa en funcións, Carmen Amoedo, quixo sair ao paso das declaracións realizadas polos socialistas redondeláns nas que criticaban ao goberno local por estudar unha posible legalización dun edificio en Chapela, ademais de por supostas presións a colectivos da parroquia.

Para Amodo resulta “inaudito” que o mesmo grupo político que asinou no ano 2003 un convenio urbanístico coa empresa construtora no que se comprometía a legalizar o edificio para beneficio privado, agora se opoña a que o goberno local estude a posible legalización do inmoble para adicalo a fins “de interés publico e veciñal”. Amoedo advirte tamén que ese convenio asinado polo ex alcalde socialista Xaime Rei fixo posible que a empresa ameazase en 2010 con solicitar unha indemnización no caso de que o Concello non cumprise o compromiso asumido polo goberno local. A tenente de alcalde explica que o goberno local só está a estudar as posibilidades “para rematar cunha situación de abandono de décadas que afea de forma grave Chapela”. Afirma que calquera solución “terá que cumprir a legalidade urbanística”. Por otra banda, Amoedo calificou de “intolerables” as acusacións de presionar aos colectivos veciñais. Asegura que é “unha completa falsedade” ademais dunha “falta de respeto” aos membros das asociacións que compoñen o Consello Parroquial, xa que todos eles son adultos responsables “capaces de formar a súa opinión e tomar decisións”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará