Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dobre cita para o C.R.Chapela en Carril e Meira

RR_Noticias

Esta fin de semana dispútanse as dúas últimas regatas puntuables da Liga Galega de Remo A. O club de Chapela participa na Bandeira Parquistas de Carril e a Illa de Samertolameu co obxectivo de manter o posto que lle garanta a permanencia na LG-A.

Será unha fin de semana “dura”, como explica o presidente do club, Julio Prado, tanto pola gran competitividade que existe na liga, como polas altas temperaturas que se agardan para a fin de semana. Mañá sábado, ás 18.30 horas dispútase a III Bandeira Parquistas de Carril, coincidindo coa celebración da Festa da Ameixa. O domingo, ás 12.00, a cita é no porto de Meira coa III Bandeira Illa do Samertolameu Concello de Moaña. Os anfitrións teñen xa garantido o título de campións. A próxima fin de semana, os días 26 e 27, celébrase na Coruña a regata Teresa Herrera. Unha das citas máis importantes do remo galego e no que o club redondelán participará tanto na categoría masculina como feminina. No caso dos varóns o obxectivo do club é pasar a ronda clasificatoria do sábado entre os dez primeiros barcos para disputar a final que se rema o domingo. Para as mozas a proba será puntuable para Liga Galega, e aspiran a facerse coa prata, pola que pelexan co club Cabana Ferrol, toda vez que o título será para o barco Mecos-Riveira. A cita en augas coruñesas servirá ao equipo feminino como preparatoria para a gran cita do remo estatal, a Bandeira da Concha, en Donostia, á que foron convidadas.

Julio Prado presidente do C.R.Chapela
Dúas regatas na fin de semana co obxectivo de manterse na LG-A
Teresa Herrera
O C.R. Chapela tentará clasificarse para a final da regata coruñesa a próxima fin de semana.
Liga Galega Feminina
As de Chapela pelexarán pola prata do camionato galego na Bandeira Teresa Herrera.
Bandeira da Concha
A traíña feminina do C.R. Chapela prepara a súa participación na regata de Donostia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará