Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela destina 20.000 euros para actividades culturais de asociacións e colectivos

RR_Noticias

A concellaría de Cultura de Redondela convoca novamente axudas para actividades e programas de promoción das actividades culturais para asociacións e colectivos veciñais para este 2017. Cada entidade poderá presentar solicitude para un máximo de tres actividades, establecéndose un máximo de 3.000 euros por asociación.

Desde a concellaría comunícase ás asociacións a apertura de prazo para presentar solicitudes para estas axudas. Na web municipal, no apartado de anuncios públicos pódese atopar tanto as bases de convocatoria como os anexos para descargar e cumprimentar. O prazo de presentación é de 30 días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación no BOP do extracto da convocatoria. Esta convocatoria está pensada para que desde o tecido asociativo se poidan levar a cabo determinadas actividades vinculadas con aspectos relevantes para a parroquia ou colectivo, e contar cun apoio financeiro en función da actividade presentada. Considérase actividade subvencionable por esta convocatoria a aquelas levadas a cabo entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2017. Poderán solicitar estas axudas municipais aquelas sociaciones e entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Redondela, cun mínimo dun ano previo á convocatoria destas bases de axudas. Segundo explica o Concello, estas bases de convocatoria sono en réxime de concorrencia competitiva, respectando sempre para aquelas entidades solicitantes os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e igualdade. Cada entidade poderá presentar solicitude para un máximo de tres actividades como obxecto de axuda, e estas serán valoradas a través de baremos obxectivos para obter unha puntuación que finalmente se corresponderá coa cantidade da axuda. Establécese un máximo de 3.000 euros por asociación ou entidade solicitante. O crédito total desta convocatoria ascende a 20.000 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará