Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela busca emprendedores

RR_Noticias

O programa Starupvila quere impulsar o emprendemento no municipio dun xeito integral, con programas de formación para emprendedores locais, accións de cooperación e a creación dun espazo de encontro para os emprendedores. Os obradoiros están dirixidos tanto a persoas que queiran poñer en marcha unha idea, como a aqueles que xa teñan o seu propio negocio en funcionamento e queiran mellorar a súa actividade.

A concelleira de Desenvolvemento Local, Carmen Amoedo, explica o programa municipal para apoiar aos emprendedores do municipio “Startupvila” é unha iniciativa integral que ao longo dos próximos anos porá en marcha diferentes iniciativas . Trátase dun programa que “aposta polo emprego” e lembra que Redondela sempre foi “unha vila de emprendedores”, e sinala que é precisamente unha consultora local “Onthebus innovation”, a que leva a cabo o proxecto. Alexandre Bastos, responsable da consultora, sinala que o obxectivo da iniciativa é crear “máis emprego en Redondela” e iso pasa por crear “máis empresas”, malia que advirte que será un traballo “de longo percorrido”. No pasado mes de xullo celebraron a primeira actividade, un obradoiro sobre posibles ideas de negocio, no que participaron 17 posibles emprendedores. Para Bastos, sectores como o téxtil, con tradición en Redondela, e outros segmentos que son diferenciadores da vila como o ferrocarril ou a industria cultural, poderían ter futuro. Nos meses de setembro e outubro desenvolveranse obradoiros de marketing dixital, outros para afondar sobre os perfís dos clientes e charlas con emprendedores galegos recoñecidos. A estes obradoiros poden asistir non só aqueles que queiran poñer en marcha a súa idea empresarial, senón tamén persoas que xa teñan o seu negocio en funcionamento “e queiran mellorar en aspectos como a mercadotecnia”, tal como apunta Amoedo. Entre as accións que xa se puxeron en marcha está a creación dun espazo na Casa da Cultura onde se poden reunir e traballar os emprendedores do municipio.

Carmen Amoedo concelleira de Desenvolvemento Local
O programa aposta pola creación de emprego a través do emprendemento en Redondela.
Alexandre Bastos de OnTheBus Innovation
A creación de máis empresas permitirá crear máis emprego no municipio.
Sectores con futuro
O téxtil e outros máis novidosos como a industria cultural poderían crear emprego.
Obradoiros para emprendedores
Serán en setembro e outubro
Para empresarios futuros e actuais
Poden participar novos emprendedores pero tamén aqueles que xa teñen o seu negocio en marcha.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará