Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER critica o retraso nas axudas aos colectivos sociais e culturais de Redondela

RR_Noticias

A Agrupación de Electores de Redondela denuncia a demora coa que o goberno local xestiona as axudas para as asociacións culturais e sociais do municipio. AER demanda ao executivo redondelán que axilice a xestión das axudas, comezando a redactar as bases no último trimestre de cada ano para facelas efectivas no primeiro trimestre do ano seguinte.

Lembran que os pasados días 9 e 10 de agosto se publicaron no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as bases das axudas do Concello de Redondela para as actividades culturais e as de promoción da muller e a igualdade. Advirte que, con todo, aínda quedan diversas bases por publicarse, como as das axudas a festas, a festivais e as de actividades de participación cidadá. Explican que no pleno celebrado o pasado mes de marzo a corporación aprobou por unanimidade que as axudas da Concellería de Cultura e de Participación Cidadá se convoquen nos primeiros meses do ano para que as entidades sen ánimo de lucro poidan coñecer os recursos cos que van contar para programar as súas actividades. E critican que malia ese acordo o goberno local “non é quen de mellorar a súa eficiencia”. AER demanda ao grupo de goberno que axilice a xestión das axudas, comezando a redactar as bases no último trimestre de cada ano para facelas efectivas no primeiro trimestre do ano seguinte. Lamentan tamén que para eventos como o Entroido de Verán ou outro tipo de actividades se mobilicen todos os recursos “habidos e por haber” mentres que as axudas a entidades e asociacións “vaian quedando postergadas a un segundo plano mes tras mes”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará