Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR mídese ao OAR na Copa Galicia

RR_Noticias

O equipo redondelán disputa mañá martes a primeira ronda da Copa Galicia ante o OAR Coruña, ás 20.00 horas no pavillón da Marisma. O gañador enfrontarase na seguinte fase ao Lavadores, que esta fin de semana eliminou ao Rodosa Chapela na prórroga.

A SAR Plastic Omnium afronta a primeira proba da temporada, a Copa Galicia, e faino na casa. Terá diante ao OAR Coruña. O gañador pasará á seguinte eliminatoria para medirse ao Vilatrade Bm. Lavadores, que deu a sorpresa ao impoñerse ao Rodosa Bm. Chapela nas Travesas. O encontro resolveuse na prórroga ao acabar o tempo regulamentario cun empate a 28 goles. Os de Lavadores conseguiron un parcial de 4-0 de saída e conseguiron impoñerse na eliminatoria. O 17 de setembro comeza a liga na categoría de bronce do balonmán español.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará