Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición denuncia que o novo PXOM de Soutomaior deixa aos veciños “na estacada”

RR_Noticias

O plan Xeral de Ordenación Municipal de Soutomaior entra en vigor logo de ser publicado no BOP o pasado 31 de xullo. O plan recibiriu máis de medio milleiro de alegación por parte dos veciños, pero só o 30% foron aceptadas por parte do equipo de goberno. Outro 20 % foron atendidas só parcialmente e a metade das recalamacións foron desestimadas.

As alegacións presentáronse hai máis de catro anos, pero a resposta a moitas delas non se produciu ata uns días antes da publicación do plan no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedrado, “cando xa non se podía facer”, segundo o voceiro do BNG, Manu Lourenzo, dao que a súa entrada en vigor é “inmediata e irreversible”. Lourenzo advirte que algunhas das respostas que está a dar o Concello en moitas alegacións “crea confusión entre a veciñanza”. Nalgúns casos as súas alegacións constan como estimadas parcialmente, pero logo de analizalas comproban que o problema non está resolto. En moitas parcelas perderon edificabilidade e noutros casos só serven “para sementar patacas”. Así mesmo, o voceiro do Bloque sinalou que hai máis casos aínda de veciños que se dirixen á formación nacionalista con alegacións que aparecen como “aceptadas” pero que, debido aos cambios introducidos despois das alegacións, van ter dificultades enormes para poder edificar nas súas parcelas. Lourenzo afirma que dende o BNG están “a disposición dos veciños” para resolver cos técnicos da súa formación calquera dúbida que teñan sobre as súas alegacións. Tamén que “é triste” comprobar como o tempo lles deu a razón sobre este PXOM, e lamenta que o PP fixese un plan “que non ordena” e que deixa a moitos veciños “na estacada”.
A polémica e os enfrontamentos acompañaron a este PXOM desde o inicio dos trámites, ao denunciar tanto os grupos da oposición como algúns colectivos veciñais “falta de transparencia” que criticaron que o grupo de goberno non fixera un avance do PXOM, como é habitual na maioría dos concellos. Tampouco se entregou a documentación sobre o plan de urbanismo aos grupos da oposición ata 3 días antes da aprobación inicial, malia as reclamacións reiteradas por parte do BNG.
O novo planeamento pon fin a unhas Normas Subsidiarias de Planeamento do ano 1989.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará