Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ciclismo e petanca para despedir un intenso mes de deporte en Redondela

RR_Noticias

A centro da vila acolle este sábado o II trofeo de Ciclismo Concello de Redondela organizado pola Escola de Ciclismo e a concellería de deportes. Unha proba ciclista a partir das 16:00 hroas que provocará o corte de tráfico dende as 15:00 horas ata aproximadamente as 19:30 das rúas Ernestina Otero (dende o mercado), Paseo da Xunqueira, Alfonxo XII (dende o Concello), e Ribeira. Por outra banda, a Alameda acollerá na tarde de sábado e domingo o II trofeo de Petanca coa participación de cinco clubs.

O II trofeo de Ciclismo contará con participantes nas categorías promesas, principiantes, alevíns, infantís e cadetes (todas estas en categoría masculina e feminina), Junior, Sub23 e Élite (estas tres últimas so femininas). Recupérase así unha proba que xa tivera unha primeira edición hai algúns anos, unha proba dunha modalidade deportiva que grazas a Escola de Ciclismo Redondela e o seu traballo ten un arraigo importante no Concello a través de numerosas licencias.
O circuíto é totalmente urbano, e conta cunha distancia dun kilómetro e douscentos metros aproximadamente, en función das diferentes categorías.
Diante do palco da música da alameda, as categorías promesas e principiantes gozarán da súa proba particular, unha gimkana, onde os máis pequenos amosaran o seu dominio da bicicleta.
II trofeo de petanca
A Alameda na tarde do sábado e a mañá do domingo acollerá o II Trofeo de Petanca Concello de Redondela. Durante a mañá do sábado procederase á montaxe dos oito campos que haberá no espazo de xogo, e varios xogadores dos diferentes clubs redondeláns, invitarán a todos aqueles que queiran practicar este deporte, deporte que no Concello de Redondela conta cunha presenza moi importante, xa que son cinco os clubs que se atopan nestes momentos con actividade, San Xoan, Torre de Babel, Blanco e Negro, Vilar de Infesta e Tango.
 O formato de competición dividirase en dúas categorías, primeira que contará cun grupo de 5 equipos, e segunda con dous grupos de seis equipos cada un. A competición comezará o sábado ás 16:00 horas ata as 20:00 aproximadamente, e o domingo dende as 10:00 ata as 13:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará