Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Casa de Miii e Reformas Cobi xogarán a final do Mundialito da Xunqueira

RR_Noticias

A pista da Xunqueira vivía na tarde de onte dúas emocionantes semifinais que foron resoltas na quenda de penaltis logo de que ambos os dous partidos rematasen en empate. Finalmente lograron o pase a final os equipos A Casa de Miii e Reformas Cobi que se enfrontarán o sábado na final mentres que Pub Aquelarre e O Equipo do Ferreiro xogaranse o terceiro e cuarto posto.

A Casa de Mii e O equipo do Ferreiro empataban a un tanto o que obrigaba a resolver a semifinal na tanda de penaltis. 4-3 a favor dos primeiros permitíalle acceder á final do sábado.
Memso resultado, empate 1-1 entre Pub Aquelarre e Reformas Cobi e novamente o punto de penalti convertíase en decisivo para determinar que outro equipo chegaba a final do Mundialito. Neste caso era Refromas Cobi quen se facía coa vitoria por 1-2.
Haberá que esperar a mañá sábado para coñecer que equipo se alza coa vitoria nesta XLIII edición.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará