Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pablo Couñago regresa ao Choco

RR_Noticias

O dianteiro volve ó equipo da súa vila. Con esta fichaxe o equipo pecha o capítulo de dianteiros. Para celebrar o seu regreso Couñago realizou onte unha visita ós nenos do campus de verán que se celebra en Santa Mariña. O xogador compartiu as súas experiencias no mundo do fútbol cos máis pequenos antes de realizar a fotografía oficial de presentación. A súa traxectoria, os momentos bos e os malos e tamén os mellores futbolistas cos que compartiu vestiario foron algunhas das preguntas feitas polos cativos.

Couñago ten unha longa traxectoria no mundo do fútbol. Canteirán do Celta tras saír do Casa Paco, foi campión do mundo sub-20 con España -nunha selección que tamén estaba Xavi Hernández- posteriormente pasou ó primeiro equipo do Celta e viviu os seus mellores anos de fútbol na primeira e na segunda división de Inglaterra no Ipswich Town e no Crystal Palace. Tamén xogou no Málaga en España na máxima categoría.
Esta é a segunda etapa de Couñago no primeiro equipo do Choco tras ser un dos protagonistas no regreso do equipo á Terceira División da man de Jacobo Montes. Agora foi o seu irmán Marcos o que dirixirá ó dianteiro de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará