Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carmen Amoedo: “Audasa redactará o proxecto e contratará a construción do novo Colexio”

RR_Noticias

A tenente de alcalde critica as declaracións do deputado socialista Abel Losada e o concelleiro de Redondela Eduardo Reguera por “crear alarma en Chapela ao argumentar que non existe orzamento para construír o novo centro educativo nin nos orzamentos do Estado nin nos da Xunta cando o convenio asinado con Audasa establece que será a concesionaria quen redacte o proxecto e contrate a súa construción”. Neste sentido tranquiliza a pais e nais e insiste en que todos os compromisos están por escrito e que, unha vez o Concello poña a disposición de Audasa os terreos da Fincada Ginaria, comezarán as obras.

Entende o malestar que poida haber entre pais e nais pero insiste en que o novo centro na Finca da Ginaria será unha realidade e que así está recollido por escrito nun convenio asinado con Audasa no que a concesionaria establece que “no momento no que o concello poña o terreo a disposición da empresa, Autopistas del Atlántico redactará o proxecto e contratará a construción do novo centro”. Actualmente a tramitación segue o seu curso e está pendente de que os terreos sexan recalificados como de uso dotacional. Insiste Amoedo en que unha vez superado ese trámite, que se está a facer a través da coñecida como Lei Expres (Lei de medidas urxentes da Xunta de Galicia) co obxectivo de que os prazos sexan o máis breves posibles, Audasa fará o proxecto e iniciará as obras “o compromiso está aí en escritura pública e en acordo plenario”. Respecto da posible reubicación de alumnos noutros centros, risco do que alertaba o socialista Eduardo Reguera, explica Amoedo que é unha alarma inxustificada porque tamén existe un documento asinado polo alcalde e enviado á Xunta “no que se establece que non haberá reubicación dos nenos que só sairán do actual centro para retomar as súas clases no futuro colexio” . Unha vez máis dende o goberno reiteran o seu compromiso de facer o que estea na súa man para evitar que se abra o terceiro carril porque “a seguridade dos nenos e nenas é prioritaria”.  

Carmen Amoedo tenente de alcalde
A edil aclara que a obra e o proxecto correrá a cargo de Audassa
Tramitación en curso
Pendente da recalificación dos terrreos como uso dotacional
Non haberá reubicación noutros centros
Así está tamén por escrito e asinado polo alcalde

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará