Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O presunto asasino de Arealonga declara hoxe nos xulgados de Redondela

RR_Noticias

Na xornada de onte amigos, familiares e veciños despediron a Daniel Beltrán o mozo de 25 anos que era asasinado na Praia de Arelaonga na noite de San Xoán. Mentres o presunto homicida, José Luis Luna Pereira, veciño do barrio vigués de Teis deberá pasar hoxe polo xulgado de Instrución número 2 de Redondela, logo de que este domingo a policía rexistrara a súa vivenda.

José Luis Luna, presunto asasino do mozo de Chapela que recibiu un fatal disparo logo de recriminarlle ao agresor ter orinado na Praia de Arealonga cando aínda había xente celebrando o San Xoán, era detido minutos despois do suceso e nas últimas horas permanece arrestado en dependencias da Policía Nacional. Na xornada de hoxe, este vello coñecido da policía xa que conta con numerosos antecedentes por asaltos a bancos e outros establecementos que o levaron a pasar longas tempadas no cárcere, deberá pasar polo Xulgado de Redondela. Mentres a policía investiga a procedencia da arma.
Onte foi unha xornada de dor no tanatorio de Tanamañó, lugar no que amigos, familiares e veciños despediron a Daniel Beltran antes de que se procedese a súa incineración nun acto de carácter máis íntimo, Ao tanatorio achegáronse tamén membros do goberno local a expresar as súas condolencias á familia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará