Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Akka Essaadaoui e Sofía Freaza gañan a Carreira popular de Redondela

RR_Noticias

600 corredores de todas as idades déronse cita na proba de atletismo celebrada onte en Redondela. O morroquí Akka Essaadaoui partía como favorito e non defraudou ao finalizar o percorrido en tan só 19:53 minutos, seguido de Amadeo Abal Chaves e Daniel Bargiela. Sofía Freaza, que superou os seis quilómetros e medio da proba en 23:23 minutos foi a primeira muller en cruzar a liña de meta, seguida de Ariana González e Sonia Martínez.

A Carreira popular de Redondela reuniu a case 600 atletas de todas as idades que non quixeron perderse esta cita organizada pola Agrupación Deportiva CAR en colaboración co Concello de Redondela.
Na categoría absoluta non houbo sorpresas ao facerse co podio o atleta marroquí Akka Essaadaoui quen logrou superar os 6.400 metros da proba en menos de 20 minutos.. Segundos despois chegarían á meta Amadeo Abal e Daniel Bargiela.
Na categoría senior feminina a mellor foi Sofía Freaza quen chegou a meta 23 minutos despois da saída. Un minuto máis precisaría a segunda clasificada Ariana González e en terceiro lugar quedou Sonia Martínez.
Ademais da categoría sénior, tamén se disputaron carreiras noutras tres categorías. Rubén Raposo e Jenifer Monteiro foron os gañadores na categoría cadete, mentres José Esteves e Laura Alonso gañaron en infantís. Nos alevíns, os mellores foron Hugo Couñago e Carmen Carreira. A organización tamén dispuxo de percorridos para as categorías de prebenxamíns, benxamíns e pitufos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará