Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela pon en marcha a Escola de Verán para nenas e nenos desde os oito anos

RR_Noticias

Un ano máis, coa chegada das vacacións, o club de remo de Chapela pon en marcha a súa Escola de Verán. Unha iniciativa coa que pretenden achegar aos máis novos ao mundo do remo dun xeito lúdico. O curso comeza o 3 de xullo e prolóngase ata o 30 de agosto.

Nestes dous meses, e durante tres días á semana, os participantes coñecerán o mundo do remo, pero tamén terán tempo para practicar xogos e outras actividades lúdicas. Julio Prado, presidente do C.R. Chapela, sinala que tamén supón unha alternativa para as familias no período de vacacións escolares dos rapace. As inscricións poden facerse nas instalaciós do propio club, no baixo da piscina de Chapela, ou nos teléfonos 986 45 29 76 e 650 45 77 11. O prezo da actividade é de 50 euros. Trátase dunha iniciativa que ven repetindo a entidade nos últimos anos e que está a supoñer un éxito de participación. A Escola de Verán é un bo xeito de dar a coñecer o remo entre os máis novos, que aproveitan os meses de vacacións para achegarse ás actividades náuticas. Moitos deles continúan logo no club, pasando a formar parte da ampla canteira do remo de Chapela, que suma xa máis de cen de remeiros.  

Julio Prado presidente do C.R. Chapela
A Escola de Verán permite aos rapaces coñecer o remo e pasar unhas boas vacacións con actividades deportivas e lúdicas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará