Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A X carreira popular de Redondela congregará o domingo a 800 corredores

RR_Noticias

A décima edición que se disputa o domingo día 25 contará coa presenza de atletas destacados como Alvaro Prieto, Daniel Bargiela ou o marroquí Akka Essaadaqui, quen parte como un dos grandes favoritos desta carreira. Dende a organización confían en igualar os participantes de anos anteriores nos que se chegaron a superar os 800 atletas “agás o ano pasado na que houbo que cambiar a data por mor das eleccións e coincidiu con outros eventos deportivos de relevancia, o que lle restou participación”.  O prazo de inscrición está aberto ata o xoves na zapatería Susuela (rúas Adro, 32) ou a través da web www.championchipnorte.com.

Haberá percorridos diferenciados por idades, con 50 metros para os máis pequenos -nenos e nenas nacidos no 2013- ata os 6,4 quilómetros que deberán superar os participantes na carreira absoluta. A proba, organizada por el Club de Atletismo Redondela (CAR) en colaboración co Concello percorrerá o casco urbano con saída e meta na Casa do Concello e cunha distancia total de 6,4 quilómetros. Ademais están previstos outros circuítos máis curtos para os nenos en función das idades. Un percorrido de dificultade baixa que permitirá aos atletas máis rápidos chegar a meta nun tempo estimado de 19 minutos. Ademais da carreira absoluta a que conta con maior participación é a dos “pitufos”. De feito preciso facer varias saídas para dar cabida a todos os cativos participantes. Dende a organización fan un chamamento a país e nais para que deixen en man dos propios organizadores o desenvolver desta proba “con nós non se perden” asegura Paco Otero. O prazo de inscrición péchase o xoves e pódese formalizar de xeito presencial no comercio Susuela (rúas Adro, 32) ou a través da web www.championchipnorte.com. Dende a organización insisten no carácter solidario da proba, xa que a inscrición ten un custe de 4 euros, dos que 1 euro será doado á Asociación de Atención a persoas con enfermidade mentais Lenda. Unha proba que quere promover a práctica do atletismo, un deporte minoritario pero que conta cada vez con máis seguidores en Redondela, estando xa asegurado o seu futuro grazas ao traballo de base que se está a realizar dende o propio club. Neste sentido o concelleiro de Deportes, Julio Mougán salienta a importancia de que o noso concello conte con probas destas características. Co obxecto de garantir a seguridade dos participantes procederase a cortar o tráfico en diferentes puntos do concello. Así, as rúas dos casco urbano estarán pechadas a partir das nove da mañá e ata que rematen as probas, mentres que o percorrido entre Redondela e Cesantes permanecerá cortado durante aproximadamente unha hora. Para garantir que todos os cruces estean cubertos, ademais de efectivos de Protección Civil e Policía Local contarase coa colaboracións do MotoClub Redondela.  

Paco Otero C.A.R.
Unha cita con nomes coñecidos
A probas dos pequenos é das máis concorridas
Os pitufos son moi numerosos
Unha carreira solidaria
A favor de Lenda
Julio Mougán edil de deportes
Un deporte cada vez máis en alza
Paciencia aos condutores
o día 25 produciranse cortes no tráfico

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará