Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rescatados na praia de Cesantes unha muller e un menor cando eran arrastrados pola corrente

RR_Noticias

Susto o vivido a media tarde de onte na praia da punta en Cesantes, cando o mar picado nunha zona especialmente perigosa do areal, na lingua de area que comunica a zona da punta coa Illa de San Simón, arrastraba perigosamente a dúas das persoas que se atopaban nese intre na auga. Segundo as testemuñas presentes na praia eran unha muller e un menor de idade as dúas persoas arrastradas pola corrente sendo rescatados finalmente por uns Kitesurfistas, que lograron sacalos da auga e levalos á beiramar.

Unha tarde a de onte onde o tempo acompañaba e na que foron moitos os que se achegaron a praia da Punta en Cesantes. Unha tarde de lecer na que se viviron momentos de tensión cando algúns dos bañistas eran arrastrados pola corrente. Incapaces de saír da auga foi a intervención duns Kitesurfistas, a que fixo posible que a situación se resolvese ao lograr chegar ata os bañistas e arrastralos ata a beiramar.
Unha situación que pon de manifesto a necesidade de adiantar a contratación dos socorristas, un servizo do que polo de agora non dispoñen as nosas praias e que se atrasa ata o inicio do vindeiro mes de xullo. Tamén a necesidade de incidir na prudencia á hora de botarse a auga, sobre todo cando o mar está picado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará