Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia a privatización da Illa de San Simón

RR_Noticias

Os nacionalistas critican a realización de actividades con fins lucrativos por parte de empresas privadas e pídenlle á Xunta a elaboración dun plan de usos e actividades, unha programación anual e que se restrinxan todas aquelas actividades que poidan ser ofensivas para os que alí estiveron encarcerados.

O deputado do BNG, Luís Bará, reuniuse con representantes de distintos colectivos de Cesantes para trasladarlle a preocupación da formación política sobre a xestión que se está a facer da Illa de San Simón que consideran “inadecuada e pouco acorde” cun espazo que debería ser para a memoria e que entenden se está a privatizar en beneficio de empresas que están a desenvolver actividades con fins lucrativos que amosan pouca sensibilidade cos feitos históricos alí acaecidos e pouco apropiadas para un espazo catalogado como Ben de Interese Cultural situado en Rede Natura. Bará facía referencia á “Búsqueda Familiar a San Simón”, unha actividade de orientación e probas para nenos que se vai celebrar o 25 de xuño cun custe de 25 euros para os adultos e 15 para os menores. Os nacionalistas piden á Xunta de Galicia a elaboración dun plan de usos e actividades de San Simón, no que participen os concellos da comarca e asociacións, que se centre no aspecto cultural, ambiental e de recuperación da memoria. Consideran que o goberno galego debe organizar unha programación anual centrada na recuperación da memoria histórica así como denominar a illa como Illa da Memoria e promover as visitas escolares e didácticas ademais de potenciar o carácter público do espazo e prohibir todas aquelas actividades que teñan un claro interese lucrativo. A formación tamén aposta por restrinxir todas aquelas actividades que poidan ser ofensivas para a memoria dos que alí estiveron presos e para iso consideran que se debe facer unha consulta aos familiares dos presos e as asociacións que traballan no ámbito da recuperación da memoria. Na súa visita Bará tamén anunciou aos colectivos que este mércores debaterase no Parlamento a proposta para instar ao Ministerio de Fomento á elaboración dun plan para mellorar a seguridade viaria e accesibilidade do CEIP Outeiro das Penas de Cesantes coa construción de beirarrúas e a redución da velocidade na zona así como medidas para solucionar os problemas de estacionamento.  

Luís Bará BNG
O deputado critica actividades lucrativas realizadas por empresas privadas en San Simón
Plan de Usos
No que se respecte a memoria dos que alí estiveron encarcerados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará