Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un Mannequin Challenge polo Medio Ambiente

RR_Noticias

Neste 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, a Concellería que preside Miguel Angel Alvarez organiza unha serie de actividades que se van desenvolver durante toda a xornada e que inclúen charlas, agasallos, obradoiros, música e un Mannequin Challenge que terá lugar a partir das 19:00 horas na Alameda de Redondela. O obxectivo é congregar a unha trescentas persoas para que se “conxelen” e celebren o lema deste ano: conectando á xente coa natureza. Unha charla na Casa da Cultura “Ecoloxía, por que?” ás 20:30 pechará o programa de hoxe.

Iniciativas coma esta serven para concienciar e sensibilizar á cidadanía, pero dende a Concellería non queren esquecer que as accións responsables serven tamén para aforrar cartos. Neste sentido o concelleiro apunta que cada ano “tiramos ao lixo en torno aos 1.100.000 euros”. De feito, no pasado exercicio o servizo foi deficitario en 1,2 millóns, xa que o custe total da recollida de lixo e o tratamento en Sogama ascendeu a 1.993.569€  e o pagado polos veciños en concepto de taxa ascendeu a 735.936 euros. Unhas cifras que lonxe de diminuír incluso están a incrementarse nos últimos anos. Os motivos habería que buscalos no cambio de tendencia na situación económica. “Así como nos recuperamos da crise máis é o lixo que producimos, de feito no último exercicio as cifras así o amosan, con 30 toneladas máis”. A cara positiva hai que buscala no compromiso veciñal coa reciclaxe. Como exemplo os 7.550 litros de aceite doméstico que os veciños reciclaron o ano pasado, case o dobre que no exercicio anterior. O edil con todo non se amosa satisfeito “máis de 40.000 litros de aceite cada ano acaban na depuradora. É imprescindible reducir esa cifra”. A conta pendentes estaría na reciclaxe de vidro “o que máis se recicla é o plástico, o papel e cartón tamén está en cifras aceptables mentres que o vidro está estancado”.  

Miguel Alvarez Concelleiro Medio Ambiente
Un programa para concienciar e facer un chamamento sobre o que nos custa o tratamento do lixo
60 toneladas máis
O ano pasado producimos máis lixo
Aprobados en plásticos suspensos en vidro
Reciclamos ben plásticos papel e cartón pero non tanto o vidro
40.000 litros de aceite na depuradora
Necesario que se recicle máis aceite doméstico

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará