Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manuel Conde: “O respecto e o agarimo da xente é a mellor distición”

RR_Noticias

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a concesión a Manuel Conde Docampo, coñecido como “Manolo Casa Paco”, a distinción ao mérito deportivo na edición deste ano. Unha distinción da que recoñece sentirse “orgulloso”, malia que afirma que para el o maior premio á súa traxectoria como promotor do deporte base é a amizade e o agarimo da xente.

Manuel Conde recollerá o xoves en Noia a distinción ao mérito deportivo, un galardón que entrega anualmente a Secretaría Xeral para o Deporte. O hostaleiro redondelán, agora xubilado, dedicou gran parte da súa vida á promoción do deporte base, coa creación do grupo Casa Paco 81. Recoñece a satisfacción que lle achega este galardón, malia que para el o mellor premio é “o agarimo da xente”. Do Grupo Casa Paco, que é todo un referente da canteira do fútbol galego, saíron nomes como o do xogador Pablo Couñago ou Iago Bouzón. Dous referentes do fútbol galego dos que afirma sentirse moi orgulloso. Na actutalidade o grupo conta cunha ducia de equipos nas diferentes categorías do fútbol base, nos que participan uns 200 xogadores. E para Conde o máis importante é seguir fomentado o fútbol entre os máis pequeos coa filosiía do Casa Paco 81 “deporte, convivencia e amizade”, como unha gran labor social. Recentemente o grupo celebrou o seu 35 aniversario cunha ampla exposición sobre a súa traxectoria, onde se recollían fotografías, os trofeos acadados, así coma equipaxes, bandeiras e a súa mascota.

Manuel Conde Docampo
A súa maior satisfacción é o recoñecemento da xente ao seu labor.
Labor social
O Casa Paco promove o deporte a amizade e a convivencia entre os rapaces.
Éxitos
Do Casa Paco saíron xogadores como Pablo Couñago ou Iago Bouzón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará