Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco defenderá o título de Copa

RR_Noticias

Os de Marcos montes superon a domicilio ao Guardés cun resultado de 0-2 e defenderá o seu título como campións da Copa Deputación na final ante o Estradense. Os redondeláns tiraron onte de veteranía na Sangriña para superar a un rival que lle puxo as cousas difíciles na segunda parte e que reclamou un penalti sobre Marcos Abale.

Guardés 0-2 Choco
Na primeira metade o Choco soubo mandar e Silva estreou o marcador. Comis fíxolleun perfecto pase na área, Silva regateaba ao porteiro e con contundente disparo levou o balón á fondo da rede cun lanzamento imposible para o defensa local que tentaba evitar o gol. Co 0-1, o Choco puido sentenciar no minuto 34 tras unha perda de balón do Guardés, pero errou no disparo, e chagaron ao descanso cunha vantaxe mínima. Na segunda parte, o técnico local introduciu cambios, entrou Sergio Abale por Anxo, e tiveron oportunidades, Tentouno primeiro Iván de lonxe, logo Sergio lanzou un disparo que o porteiro redondelán despexou a córner. Santi xutou desde fóra da área, pero o gardameta do Choco sacou os puños para evitar o gol. Logo a acción do penalti non sinalado foi determinante, xa que podería tería sido o gol do empate. Logo Rober anotaba para os choqueiros o 0-2 e o partido quedaba sentenciado. A final da Copa Dputación será contra o Estradense, o lugar e a data está aínda por decidir. O Estradense chega á final logo de eliminar ao Céltiga de Terceira por 2-0 na final do grupo norte.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará