Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Siniestro Total, Sés, Dakidarría e Zamaramandi ofrecen un concerto solidario en Chapela

RR_Noticias

A cita será na explanada do pavillón da deportes da parroquia o venres 2 de xuño e as entradas están xa a venda en nve locais de Chapela, Redondela e Vigo a un prezo de 10 euros anticipada, 12 euros na billeteira. O concerto, organizado polo grupo de Apoio á Familia Mateo busca recadar cartos para reconstruír a casa de Sesé, a muller asasinada en febreiro pola súa ex parella cunha explosión de gas na súa vivenda.

Dende hai semanas os voluntarios traballan na reconstrución dunha casa que quedou notablemente afectada. Malia o apoio recibido e o traballo de numerosos voluntarios, a reconstrución atopouse tamén con algún problema a maiores. Explica Xurxo Constela, do grupo de Apoio á familia Mateo que unha parede que parecía intacta terá tamén que ser reconstruída logo de que así o aconsellasen os técnicos. Precisamente neses traballos e en axudar á familia de Sesé a que retome a normalidade na medida do posible investiranse os cartos que se recaden no concerto que se celebra o vindeiro venres día 2 e no que colaboran catro formacións musicais que de xeito desinteresado “non dubidaron en participar”. Son Zamaramandi, Dakidarría, Ses e Sinistro Total “un concerto diferentes no que os grupos interpretarán cancións conxuntamente así como os seus temas máis ocñecidos”. As entradas están xa a venda e pódense adquirir en Vigo (Discos LP, HOnky Tonk Discos e o bar Princesa), en Chapela (estanco Melón, Cafetería Kima e na tapería O Berete) ou en Redondela (Copy, Cal3 Fotografía e Discotaska). Existe tamén fila cero para todas aquelas persoas que non puidendo ir ao concerto queiran colaborar (ES36 2080 5030 8030 0016 1486).  

Xurxo Constela Grupo de Apoio á Familia Mateo
As obras avanzan a un ritmo aceptable
Concerto único
As entradas xa están a venda

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará