Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os afectados pola AP-9 piden unidade aos partidos e os políticos enléanse nun cruce de reproches

RR_Noticias

A ausencia do alcalde, Javier Bas, no debate celebrado onte no Multiúsos da Xunqueira foi o primeiro dos reproches que a súa compañeira de partido, Carmen Amoedo tivo que escoitar por parte dos outros poñentes. Sería tan só o inicio dun debate marcado polas acusacións nas que os populares insistiron en que a “desfeita da autoestrada por Chapela é culpa dos gobernos do PSOE que non loitaron por un percorrido alternativo cando a obra se fixo 40 anos atrás”. Os representantes de PSOE, BNG, AER e o Grupo de traballo responsabilizaron ao PP de non facer nada para evitar a ampliación nin lograr contraprestacións pola desfeita que Audasa está a facer en Chapela “todo o conseguido foi grazas á mobilización, non polas xestións do goberno local”.

Un debate, organizado polo xornal A Nova Peneira, no que estivo presente César Domínguez da Asociación de Afectados pola AP-9 quen repartiu culpas “tanto José Blanco como Ana Pastor prometéronnos que a ampliación non se faría, e os dous mentiron” e demandou aos partidos con representación en Redondela “unidade para afrontar esta fase final das obras, a máis dura, e lograr “que se respecte un mínimo a Chapela”. Dende a asociación de empresarios o seu presidente Enrique Lago pedía propostas aos grupos políticos e demandaba, en concreto, mellorar as comunicacións por esa parroquia que inclúan a recuperación do tren e a elaboración dun plan xeral que amorteza os efectos da AP-9. Peticións chegadas dende eses colectivos e reproches continuados dende as formacións políticas. Así Carmen Amoedo xustificaba a situación actual de Chapela “porque no seu inicio nada se fixo para evitar que a autoestrada dividira a parroquia” e defendía a labor do seu goberno nos últimos tempos “sempre ao lado do s veciños, presionando para que se acaden melloras e traballando agora para que se expropien as dúas vivendas afectadas e aínda pendentes”. Contestábanlle dende o PSOE que a obra “foi feita na ditadura pero ampliada polo goberno do PP, quen mentiu reiteradamente cando dixo en campaña que esa obra non se faría.”. Eduardo Reguera criticaba tamén o “pouco peso do alcalde” xa que “mentres en Santiago a obra de ampliación estase facendo con pasos soterrados aquí non se fai nin unha ponte en condicións que dea acceso a Trasmañó”. Dende o BNG afirman que o PP é o responsables do deterioro da calidade de vida dos veciños por unha obra executada co PP en Madrid, en Galicia e en Redondela e acusaba aos populares de empregar a estratexia de “marear a xente, o único que se conseguiu como o novo colexio Igrexa foi un logro do movemento veciñal e as súas mobilización”. Lembraba tamén Xoán Carlos González o polémico voto en contra do PP no parlamento a unha proposta dos nacionalistas que propuña un plan integral para Chapela Joshua Rodríguez do Grupo de traballo remarcaba a conexión existente “entre o PP, Audasa e Luis Bárcenas”. Tamén presente no debate a Agrupación de Electores a través da voz de Roberto Villar quen falaba das innumerables repercusións desta ampliación e esixía a gratuidade da peaxe en Rande pero con custe cero para as arcas do estado, xa que é Audasa que debería asumir  esa gratuídade non como no caso do Morrazo onde somos todos os que pagamos a eliminación da peaxe.  

César Domínguez Asociación afectados
Reclamou unidade dos políticos
Enrique Lago Asociación empresarioss
Mellorar a comunicación e poñer andar o plan xeral son as súas demandas para Chapela
Joshua Rodríguez Grupo de Traballo
Incidía nas conexións entre Audasa PP e Bárcenas
Carmen Amoedo PP
Defendía a labor do goberno local e acusaba aos socialistas de non teren feito nada cando gobernaron
Eduardo Reguera PSOE
Entende que Javier Bas carece de peso político dentro do seu partido
Xoán Carlos González BNG
Acusan ao PP de marear á xente
Roberto Villar AER
Lamenta as innumerables repercusións da autoestrada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará