Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os xuvenís do CCD Cesantes buscan unha praza na final do Campionato Galego de Traineriñas

RR_Noticias

Logo de clasificarse a pasada semana en Meira para o campionato autonómico, o club de remo de Cesantes buscará un oco na final que se disputa o domingo en Boiro. Na regata haberá outro barco representando a Redondela, xa que o C.R. Chapela participa na categoría absoluta feminina.

As augas de Cabo de Cruz, en Boiro, serán o escenario do Campionato Galego de traineriñas que se disputa a próxima fin de semana. Na xornada do sábado serán as clasificatorias, e o domingo dispútanse as finais. Antonio Freiría, delegado do club de remo de Cesantes, confía en que os seus xuvenís poidan estar na saída. Sinala que, se fan unha boa regata como a da pasada xornada en Meira, obterán unha praza, malia que cada vez “hai máis igualdade entre as embarcacións”. Tamén agarda que faga bo tempo, porque en Cabo de Cruz se tira o vento do sur ou do suroeste pode prexudicalo. Frería fai un balance positivo das temporadas de bateis e de traineriñas, sobre todo nas categorías inferiores de infantís, cadete e xuvenil. E lamenta que a numerosa presenza de remeiros na base non se traduza igualmente en abundancia de efectivos na categoría sénior. A dureza deste deporte, con adestramos ao longo de todo o ano, fai que moitos opten por outras disciplinas “máis cómodas”. Precisamente a falta de efectivos impide ao C.C.D. Cesantes participar na categoría raíña do remo: a traíña. Na directiva do club confían en poder facelo “no curto ou medio prazo”. Agora, aos poucos remeiros que queren continuar, o Cesantes facilítalles a integración noutros clubs da contorna. Deste xeito poden continuar adestrando e competindo, co obxectivo de que poidan regresar cando o Cesantes consiga configurar de novo a traiñeira. A temporada comezará en xuño, unha vez remate o calendario de traiñeiriñas, que será co Campionato de España que se celebrará o 3 e 4 de xuño en Meira.

Antonio Freiría delegado do club
Freiría confía en que os rapaces se clasifiquen para a final que se disputa o domingo.
Deporte base
O club conta cunha boa canteira nas categorías inferiores pero a falta de continuidade impídelles ter barco nas absolutas.
A traíña ten que agardar
Esta temporada o C.C.D. Cesantes non poderá participar na liga galega de traiñeiras por falta de remeiros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará