Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Casa Mucha faise co premio na VI edición da Ruta do Pincho que bate récord con 20.000 participantes

RR_Noticias

O “Lombo de porco e lagostinos” do Restaurante “Casa Mucha” fíxose co primeiro premio da sexta edición da Ruta do Pincho de Redondela que superou as expectativas con entre tres mil e catro mil pinchos máis que o ano pasado. En segundo lugar o “Polbo Crocante” do restaurante “Casa Rei” en Chapela e no terceiro posto atopamos a “Crepe de Marisco” da “Casa Consejo”.

Dende a Asociación de Empresarios de Redondela fan un balance moi positivo da sexta edición da Ruta do Pincho que se celebrou entre o 20 e o 31 de abril e permitiu disfrutar dunha variedade de trinta pinchos e bebida por 2,75. Este luns entregáronse os premios ao mellor pincho e aos clientes participantes, nunha edición que destaca pola ampla participación, con aproximadamente 20.000 pinchos servidos o que supón unha media de setecentas racións por establecemento en dez días. Como mellor pincho desta edición, os participantes escolleron o “Lombo de porco e lagostinos” do restaurante “Casa Mucha” que serviu máis de 1.700 racións. En segundo lugar o “Polbo Crocante” do restaurante “Casa Rei” en Chapela e no terceiro posto atopamos a “Crepe de Marisco” da “Casa Consejo” Entre os clientes, Beatriz Blanco Lago foi a gañadora do primeiro premio: unha noite para dúas persoas no Hotel Balneario Aguas Santas. Victor Novelle Couñago fíxose co segundo premio, un circuíto termal para dúas persoas no Talaso de Baiona máis cea e Jorge Suárez Álvarez foi o gañador do terceiro premio, pase para dúas persoas no circuíto termal de Mondariz.  

Enrique Lago Asociación Empresarios
Valora moi positivamente a participación desta edición
Casa Mucha
Fíxose co favor do público co seu lombo de porco e langostinos
Casa Rei
O restaurante de Chapela foi o segundo clasificado
Unha iniciativa aplaudida
Polos clientes e os propios hostaleiros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará