Co gallo da celebración do día das Letras o servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela organiza un acto institucional que arrancará ás 11:00 horas cun desfilede grupos de baile tradicional e a posterior lectura dun manifesto nas inmediacións da estatua de Castelao na Alameda. Un acto que contará con presenza e participación de representantes de diferentes ámbitos da sociedade e que quere dar visibilidade a un idioma que segundo revelan os datos sociolingüísticos atópase “nun avanzado proceso de substitución lingüística”.
Explica o técnico de Normalización Lingüística, Xurxo Martínez, que a día de hoxe a situación en Redondela supón que o galego estea en clara situación de desvantaxe xa que “mentres os maiores de 40/45 anos tenden a ser monolingües en galegos, os menores desa idade tenden a ser castelán falantes”cunha escasa presenza de nenos que empreguen o galego para se comunicar de xeito habitual.
Unha lingua en retroceso
Arrancará ás 11:00 horas