Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Marchas da Dignidade de Redondela organizan unha viaxe a Madrid para participar no 27M

RR_Noticias

A Coordinadora Estatal das Marchas da Dignidade acordou a volta a Madrid o 27 de maio cunha mobilización de carácter estatal baixo a lema “Pan, traballo, teito e igualdade”. Desde a plataforma de Redondela organizan a viaxe, que sairá desde Vigo para unirse á mobilización que anuncian “colectiva e multitudinaria”.
 

Catro columnas procedentes das 17 comunidades autónomas volverán tomar a capital do estado. Baixo a lema “Pan, traballo, teito e igualdade”, denunciarán as políticas neoliberais que segundo denuncian “seguen espremendo” á clase traballadora. Entre as demandas principais deste 27M, destacan a importancia de reivindicar o dereito á autodeterminación, a loita contra a violencia machista, a defensa das pensións públicas e os dereitos dos inmigrantes. Tamén denunciarán os desafiuzamentos e o endebedamento ao que se ven sometidos moitos cidadáns para poder acceder a servizos fundamentais.
Viaxe desde Redondela
Desde a plataforma de Redondela organizan a viaxe, que sairá desde Vigo. Os participantes tomarán un autobús que sairá ás 7.30 con dirección Ourense, onde collerán un tren que os levará ata Madrid. O regreso será ao serán, con chegada a Vigo de volta na madrugada do domingo. Os interesados en participar teñen ata o sábado 20 de maio para inscribirse. Poden informarse no teléfono 645.81.92.45.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará