Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco despide a liga con triunfo ante o Barco

RR_Noticias

Os de Marcos Montes, co obxectivo da permanencia xa cumprido hai semanas, gozaron na despedida da temporada en Santa Mariña cunha vitoria ante a súa afección. O filial tamén se impuxo por goleada ao Xinzo e pelexará na fase de ascenso a Primeira Autonómica.

Terceira División
Choco 3-2 Barco
Os redondeláns empezaron ben o encontro, con moito ritmo, e adiantándose aos poucos minutos nunha xogada pola banda esquerda de Félix. Conseguiu chegar ata a liña de fondo e puxo un centro raso que Silva logrou rematou. Rexeitou Óscar pero Marcos, atento no segundo pau, conseguiu enviar o rexeite a gol. Poucos minutos máis tarde, unha recuperación no medio do campo fixo posible aumentar distancias cun gol de Silva. Todo pintsba ben para o Choco, cando se lesionou Caloi, que tivo que ser substituído á media hora de encontro. Iso provocou un cambio importante no xogo. O Barco mellorou o seu rendemento e, grazas a un erro na defensa do Choco, anotou un gol obra de David Álvarez. Na segunda parte o Barco seguía con intencións, e un erro na saída entre Alberto Suárez e Gabi Misa permitiu aos visitantes o gol do empate, obra de Ballesteros. O gol do triunfo redondelán anotouno o Barco en propia porta, ao tratar Adil de despexar un centro que non tiña rematador.
Segunda Autonómica

Choco B 6-1 Xinzo
O Choco B tamén despediu a liga con vitoria. Goleada do filial sobre o Xinzo, o que lle garante a participación na fase de ascenso a Primeira Autonómica xunto con Louro, a Guía e Nigrán. Sta Mariña e Vilariño acadaron o ascenso directo, mentres que os descendidos son U. Ribera, Matamá e Progresista.
Ascenso a 2ª Autonómica

Chapela 0-2 Lavadores
A punto estivo o Lavadores de remontar o 0-3 da ida, pero a renda dos redondeláns foi suficiente para pasar á seguinte ronda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará